“There’s a forest twenty minutes from home
an isolated bastion, ten minutes from a shopping mall.”
This project began in 2022 as a kind of “collaboration” with nature: completing forms that nature begins, finishing them in an intentionally non-realistic style.
Nordic culture is deeply connected to spending time outdoors, regardless of the weather. In fact, there’s a saying: “there’s no such thing as bad weather, only inappropriate clothing.” After living in Denmark for over six years, my bond with nature has only deepened. Now, whenever I return to Galicia, I spend far less time in cities and more exploring the incredible natural spaces of my homeland.
The project’s title comes from the discovery that just twenty minutes from where I spent my entire childhood and youth, there is a native forest—a fragment of temperate woodland (one of the most endangered habitats on the planet). Ten minutes away, there’s a massive outlet mall. Ten minutes further, the city of A Coruña.
I lived nineteen years just twenty minutes from that forest, and I never knew it was there.
This project seeks to highlight the importance of nature, green spaces, and the preservation of native forests. But it also draws a thread between the landscapes of northern Europe and those of Galicia. When we emigrate, we instinctively seek echoes of the land we come from and carry within us. Every time I walk through the Danish woods near my home, among the oaks, I close my eyes and imagine myself in that forest, twenty minutes from my parents’ house.
Working with materials I find in nature or easily accessible in my daily life, I build sculptures that are deeply tied to the space or territory.
Acrylic, graphite, ink, filler… materials blend together in this multidisciplinary exploration.
Like in a forest, there is figuration and abstraction. Concrete forms come together to create nearly abstract compositions, where textures and color combinations take center stage. If you look closely you might begin to recognize certain elements: a familiar plant, the shape of a leaf, the outline of a tree.
Inspired by nature and driven by the desire to recreate its balanced chaos, its textures and tones, I explored ways of bringing it into the studio. Creating with nature as both starting point and destination—a source of inspiration that is both first and final, a place to return to.
“Hai unha fraga a vinte minutos da miña casa
Bastión illado, a 10 minutos do centro comercial.”
Este proxecto iniciouse no 2022, como unha especie de “colaboración” coa natureza: completando formas que a natureza comeza, e que eu remato nun estilo intencionadamente non realista.
A cultura nórdica está moi vencellada a pasar tempo ao aire libre, independentemente das condicións atmosféricas. De feito, teñen o dito “non existe mal tempo, senón indumentaria inapropiada”. Vivindo máis de seis anos en Dinamarca, a miña conexión coa natureza creceu e afianzouse. Agora, cada vez que volto a Galicia, non adico tanto tempo a estar nas cidades, senón a visitar a incrible natureza que hai na nosa terra.
O título do proxecto vén dado polo descubrimento de que, a vinte minutos de onde vivira toda a miña infancia e xuventude, hai unha fraga. Uns cantos metros cadrados de puro bosque temperado (un dos hábitats máis en risco do planeta). A dez minutos, un macro outlet. A outros dez minutos máis, a cidade da Coruña.
Vivín 19 anos a vinte minutos desa fraga, e nunca soubera dela. Quizais hai algúns anos, tivera máis metros cadrados de extensión...
Este proxecto pretende dar protagonismo á importancia na natureza, dos espazos verdes, da preservación dos bosques autóctonos... pero tamén conecta á natureza do norte de Europa coa galega. Cando emigramos, non podemos evitar buscar conexións coa terra que coñecemos e que levamos tan dentro. Cada vez que estou no bosque danés do lado da miña casa, entre os carballos, pecho os ollos e imaxínome nesa fraga a 20 minutos da casa dos meus pais.
Suxeita a materiais que atopo na natureza e facilmente no meu día a día, elaboro as esculturas, vencelladas ao espazo/ territorio no que se desenvolve a obra.
Acrílico, grafito, tinta, masilla... os materiais mestúranse nesta exploración multidisciplinar.
Coma no bosque, hai figuración e abstracción. Figuras concretas que se xuntan e crean composicións case abstractas, nas que priman as mesturas de cores e texturas. Se miramos ben, se entornamos os ollos, podemos identificar algúns elementos: recoñecemos algunhas especies de plantas, árbores, as formas das follas...
Na inspiración pola natureza, e na intención de recrear o seu caos equilibrado, as súas texturas e cores, investiguei sobre formas de reproducila dende o meu estudio. Crear tendo á natureza como punto de partida, como inspiración á vez primaria e última, como punto ao que voltar.